Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Xoves, 06 de marzo de 2003 Páx. 2.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2003 pola que se convoca a contratación dunha asistencia técnica para introducción de datos informáticos do fondo de acción social da Xunta de Galicia.

Obxecto: contratación dunha asistencia técnica para introducción de datos informáticos do fondo de acción social da Xunta de Galicia.

Prazo de execución: dez meses.

Orzamento: 39.820,77 euros.

Garantía provisional: 796,41 euros.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación estará ó dispor dos licitadores na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, situada no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta, en Santiago de Compostela e no enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=2249.

Modelo de proposición: o que figura no anexo II ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia sito na planta baixa do edificio administrativo central de San Caetano, Santiago de Compostela, correo, da forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas ou no rexistro de calquera das delegación provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

O prazo de admisión será de 15 días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio.

Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública (soto do edificio central de San Caetano) ás 10 horas do terceiro día natural, contado desde o seguinte ó termo do prazo de presentación de proposicións. Se fose sábado ou inhábil, a apertura será o seguinte primeiro día hábil.

O importe dos anuncios relativos ó presente concurso será por conta do adxudicatario, que deberá aboalos con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2003.

P.A. (Orde 18-12-2001)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia,

Relacións Institucionais e Administración Pública