Autorizado polo acordo desta dirección xeral, de data 25 de novembro de 2002, o alleamento en pública poxa do ben embargado no procedemento de constrinximento pola Zona de Recadación de Lugo como
da propiedade do debedor Mª Isabel Eimil Castro, con NIF 76540804-R que a continuación se describe:
Lote 1: œ o predio rústico. Parroquia de Torre, municipio de Vilalba, casa Pena Edrade, planta alta e baixa de 51,75 m, cun terreo de 56 centiáreas e unha palleira. Predio 8.777, folio 23 do libro 102, tomo 225.
Valor: 14.947,90 A.
Cargas: 18.376 A.
Tipo: 2.349,01 A.
Lote 2:
œ predio rústico. Cortiña na parroquia de Torre, municipio de Vilalba, a labradío de 10,50 áreas. Predio 8.778, folio 25, libro 102, tomo 225.
Valor: 4.732,97 A.
Cargas: 5.168,89 A.
Tipo: 2.349,01 A.
Lote 3:
œ predio rústico Do Pasadorio a labradío, dunhas 6,96 áreas. Parroquia de Torre, municipio de Vilalba. Predio 10.172, folio 19, libro 112, tomo 250.
Valor: 601,01 A.
Cargas: 1.559,17 A.
Tipo: 2.349,01 A.
Lote 4:
œ predio rústico denominado Penelada, de aproximadamente 5 áreas. Situado na parroquia de Torre, municipio de Vilalba. Predio 10.173, folio 20, libro 112, tomo 250.
Valor: 601,01 A.
Cargas: 1.252,91 A.
Tipo: 2.349,01 A.
Lote 5:
œ predio rústico denominado Fonte, situada na parroquia de Torre, municipio de Vilalba. Prado a regadío de 1,50 áreas. Predio 10.174, folio 21, libro 112, tomo 250.
Valor: 315,53 A.
Cargas: 407,79 A.
Tipo: 2.349,01 A.
Lote 6:
œ predio rústico Fonte, prado sito na parroquia de Torre, municipio de Vilalba, cunha superficie de 4,43 áreas. Predio 10.175, folio 22, libro 112, tomo 250.
Valor: 931,87 A.
Cargas: 890,95 A.
Tipo: 40,92 A.
E, de conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadadora da Xunta de Galicia e o Estatuto de recadadores de zona,
DISPOÑO:
Que o día 24 de marzo de 2003, ás 10 horas, na sala de xuntas da Delegación Territorial da Conse
llería de Economía e Facenda de Lugo, rúa Rolda da Muralla nº 70, baixo a presidencia do delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, que teña lugar a dita poxa.
Así mesmo, en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:
1º Que consta en poder da Zona de Recadación de Lugo o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames subsistentes, se os houbese, ó crédito dos executantes, continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.
2º Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.
3º Os licitadores poderán enviar ou presenta-las súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio de poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con ofertas superiores á do sobre. As ditas ofertas, que terán o carácter de máximas, serán rexistradas no rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo e deberán ir acompañadas de cheque conformado, estendido a favor do Tesouro da Facenda Pública de Galicia polo importe do depósito.
4º Que todo licitador deberá constituír ante a mesa da poxa o preceptivo depósito de garantía, que será alomenos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.
5º No caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación, a mesa da poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o xulga procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa, que se levará a cabo de acordo co artigo 150 do Regulamento xeral de recadación.
6º Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.
7º Se quedasen bens sen adxudicar iniciarase o trámite de adxudicación directa, por un prazo máximo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado, a partir dese momento, á mesa da poxa.
A mesa da poxa abrirá as ofertas presentadas ó remate do prazo do mes desde o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para
a presentación de novas ofertas ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente, co límite total de seis meses.
O prezo mínimo da adxudicación directa será o tipo da poxa en primeira licitación, cando non se considerase procedente que teña lugar unha segunda licitación; se existira segunda licitación non haberá prezo mínimo.
8º A Consellería de Economía e Facenda reserva para si o dereito de pedi-la adxudicación, para a Comunidade Autónoma de Galicia, do ben que non fora obxecto de venda, conforme o establecido no artigo 158 do Regulamento xeral de recadación.
9º O procedemento de constrinximento soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados nos artigos 135 e 136 da Lei xeral tributaria e 101 do Regulamento xeral de recadación.
En todo o non previsto neste anuncio haberá de aterse ó preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.
Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2003.
Joaquín Caballero Miranda
Director xeral de Tributos
CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS
E VIVENDA

