Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Xoves, 06 de marzo de 2003 Páx. 2.742

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Urbanismo, sobre aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos pertencentes ós propietarios das parcelas non incorporadas á xunta de compensación do sector 7 recinto feiral, no concello da Coruña.

Antecedentes.

1. O Concello da Coruña remite o expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos pertencentes ós pro

pietarios das parcelas non incorporadas á xunta de compensación do sector 7 recinto feiral, de conformidade co disposto polo artigo 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (LSG).

2. A Alcaldía Presidencia do Concello da Coruña, con data do 9 de maio de 2002 aprobou inicialmente o proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos pertencentes ós propietarios non incorporados á xunta de compensación do sector 7 recinto feiral, e sometelo a información pública polo prazo dun mes anunciándose no xornal La Voz de Galicia con data do 15 de maio de 2002, no DOG e no BOP con datas do 20 de maio e do 14 de maio de 2002, respectivamente.

3. A taxación foi notificada individualmente ós que aparecían como titulares de bens e dereitos no expediente, dándolles traslado literal da correspondente folla de aprecio e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que formularan alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación, tal e como sinala o artigo 145.4º da LSG.

4. O Concello da Coruña emitiu informe individualizado sobre as alegacións presentadas polos interesados, de conformidade co artigo 145.6º da LSG, e remite o expediente de expropiación forzosa a esta consellería para a súa aprobación definitiva.

Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-O proxecto de expropiación forzosa tramitouse polo procedemento de taxación conxunta de conformidade co disposto no artigo 145 da LSG.

Segundo.-O expediente tramitado conta coa documentación preceptiva esixida polo artigo 145.1º da LSG:

-Determinación do seu ámbito territorial, cos documentos que o identifican en canto a situación, superficie e lindeiros.

-Fixación de prezos coa valoración razoada do solo, segundo a súa cualificación urbanística.

-Follas de prezo xusto individualizado de cada predio.

-Follas de prezo xusto que corresponden a outras indemnizacións, se é o caso.

Terceiro.-No Concello da Coruña está vixente o Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado o 19 de outubro de 1998.

Con data do 9 de xullo de 2001 aprobouse definitivamente o texto refundido do Plan Parcial do Recinto Feiral Sector S-7 que delimita un único sector e fixa como sistema de actuación o de compensación.

Segundo o artigo 134.1º da LSG se algúns propietarios do polígono non se incorporasen á xunta de compensación esta poderá solicitar da administración actuante a expropiación dos ditos predios tendo a condición de beneficiaria...

Á vista do dito e de acordo co establecido no artigo 54 da LSG en relación co artigo 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións (LRSV) resulta acreditada a utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens afectados.

Cuarto.-O Concello utilizou os criterios de valoración do título III da LRSV.

Quinto.-A competencia para aproba-lo expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta correspóndelle por delegación ó director xeral de Urbanismo, de acordo co artigo 1 da Orde do 30 de decembro de 1999, do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (DOG do 10 de xaneiro de 2000) pola que se delegan atribucións en materia de urbanismo.

Na súa virtude, vista a Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, a Lei 6/1998, do 13 de abril, Lei sobre réxime do solo e valoracións, e as demais disposicións aplicables,

RESOLVO:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos pertencentes ós propietarios das parcelas non incorporadas á xunta de compensación do sector 7 recinto feiral, no concello da Coruña, para efectos previstos polos artigos 145 e 146 da LSG, con estimación ou desestimación das alegacións nos termos que aparecen nos informes de contestación a estas que constan no expediente.

Esta aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación de conformidade co establecido no artigo 146.1º da LSG.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos núms. 6º, 7º e 8º do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación de prezo xusto (artigo 146.2º da LSG).

Segundo.-Notifica-lo contido desta resolución aprobatoria do expediente ó concello e de xeito individualizado a tódolos que aparezan como titulares de bens ou dereitos afectados que figuran no expediente, ós que se lles xuntará a correspondente folla de valoración, conferíndolles un prazo de vinta días durante o cal poderán manifestar por escrito ante esta Dirección Xeral de Urbanismo a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 145.7º da LSG, advertíndolles que transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, se entenderá aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade (artigo 145.8º da LSG).

Terceiro.-Publica-la presente resolución así como a seguinte relación dos bens e dereitos afectados pola expropiación, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello:

ParcelaPropietarioSuperficie mValoración A

1Juan Bello Sánchez31493.142,17

2José Bermúdez535158.695,73

3Mª Teresa Capelán Teijido1.271377.011,44

5Mª Teresa Capelán Teijido16649.240,37

6Viúva de Camilo Galán Seoane350103.819,30

7María Gestal Gómez16649.240,37

8María Gestal Gómez605179.458,26

9María Gestal Gómez29487.208,60

10José López Eirís909269.632

11Josefa Teijido Bermúdez947280.904,13

12Josefa Teijido Bermúdez409121.319,19

13Josefa Teijido Bermúdez540160.179,95

14Josefa Teijido Bermúdez454134.667,25

15Josefa Teijido Bermúdez445131.999,62

16María Teijido Riveiro31192.249,66

17Guillermo Díaz Candame23569.708,70

18Flora e Emilio Martínez Blanco78,6723.334,30

19Descoñecido639189.543,68

20Descoñecido14843.901,80

21Juan Fernández García9126.993,61

22Carmen Gómez Vieites16649.240,37

23Luisa González854253.318,81

24Carmen de la Iglesia García33599.369,94

25Carmen de la Iglesia García1.565464.220,04

26Teresa de la Iglesia García531157.509,01

27Francisco Iglesias Fernández12938.265,74

28José Iglesias Teijido20159.623,28

29Antonio Maceiras Rodríguez688204.078,44

30Fernando Roca27681.870,04

Así mesmo, a publicación e exposición no taboleiro de edictos do concello servirá de notificación ós propietarios descoñecidos, dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese practicar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cuarto.-Igualmente, notificaráselle o contido desta resolución ó fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para os efectos establecidos no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, en relación cos propietarios descoñecidos e os non comparecentes no procedemento expropiatorio.

Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación, segundo o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa (LXCA). Así mesmo, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Política Territorial, Obras

Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución (artigo 116, 117 e 48 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro); para o caso de que se interpoña o recurso potestativo de reposición, ata que sexa resolto expresamente ou se producira a desestimación presunta, non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo (artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

No suposto de que o interesado sexa unha administración pública, no lugar do recurso de reposición poderá dirixir ó órgano competente no prazo de dous meses o requirimento previo previsto no artigo 44 da LXCA.

Todo esto sen prexuízo de que, no caso de desconformidade coa valoración establecida, os interesados dispoñen dun prazo de vinte días para manifesta-la súa desconformidade como se indicou no punto 2 desta resolución, nos termos establecidos polo artigo 145.8º da LSG.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2002.

José Jesús Cudeiro Mazaira

Director xeral de Urbanismo