Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Xoves, 06 de marzo de 2003 Páx. 2.754

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BÓVEDA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 24 de febreiro de 2003, aprobou definitivamente o estudio de detalle Axuste de aliñacións na rúa Filgueira esquina vía do ferrocarril en Bóveda, Lugo, consonte o acordo que se transcribe literalmente:

Con base no anteriormente exposto, en harmonía co dictame da Comisión Informativa de Asuntos do Pleno, o Pleno da Corporación acorda:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle Axuste de aliñacións na rúa Filgueira esquina vía do ferrocarril en Bóveda, Lugo, redactado pola arquitecta Gloria Trigo Mayor, desestimando as alegacións formuladas por José Prado Arias e Xosé Rodríguez Castro, Gustavo Calles Castro e Rosendo López Salgueiro polos motivos que se expoñen.

Segundo.-Que se publique o presente acordo no Diario Oficial de Galicia, BOP de Lugo, e se notifique ós interesados co sinalamento dos recursos procedentes.

O que se fai público para a súa efectividade, en cumprimento do preceptuado no artigo 124.1º do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana e artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro.

Contra o acto de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado do día seguinte ó da publicación do presente anuncio, consonte o artigo 46.1º da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa. Poderá non obstante interpoñerse, con carácter previo e potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Bóveda, 26 de febreiro de 2003.

José Manuel Arias López

Alcalde-presidente