Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Xoves, 06 de marzo de 2003 Páx. 2.754

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERCEDA

ANUNCIO.

Concurso con procedemento aberto, para a contratación da xestión do servicio de escola infantil municipal.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Cerceda.

2. Obxecto: xestión do servicio de escola infantil municipal.

3. Prazo: 5 anos, prorrogables por outros 5.

4. Tramitación: ordinaria; procedemento: aberto e forma de adxudicación: concurso.

5. Obtención de documentación e información: Secretaría do Concello de Cerceda.

6. Lugar e prazo de presentación de ofertas: rexistro xeral do concello, de 9 a 14 horas, ou por correo dentro dos quince días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP ou DOG.

7. Garantías. a) Provisional: 1.000 euros. b) Definitiva: 3.000 euros.

8. Apertura de ofertas: o terceiro día hábil seguinte (agás sábados) a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas, ás 12 horas, no Concello de Cerceda.

Cerceda, 21 de febreiro de 2003.

José García Liñares

Alcalde-presidente