De conformidade co disposto no artigo 43 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e por acordo do Pleno do Concello con data do 24 de febreiro de 2003, debido á introducción de modificacións do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Fornelos de Montes, aprobado inicialmente polo pleno, en sesión do 22 de decembro de 2000, que puideran considerarse substanciais, sométese o novo texto xunto co expediente tramitado a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o que poderá ser examinado e formula-las alegacións que se consideren pertinentes.
Fornelos de Montes, 25 de febreiro de 2003.
Serafín A. Martínez Martínez
Alcalde

