Visto o erro detectado no prego de cláusulas administrativas particulares que serven de base á adxudicación do contrato de obras de saneamento e abastecemento rúa San Bernardo, fase II, aprobado por Decreto 036/2003 en referencia á clasificación do contratista,
DISPOÑO:
Primeiro.-A non esixencia de clasificación do contratista.
Segundo.-Amplia-lo prazo de presentación de solicitudes de participación en 5 días que se contarán desde o seguinte ó da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro.-Remisión do acordo adoptado ó BOP e o Diario Oficial de Galicia para a súa publicación.
A Guarda, 26 de febreiro de 2003.
José Luis Alonso Riego
Alcade

