Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Xoves, 06 de marzo de 2003 Páx. 2.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno, na súa sesión do día 27 de xaneiro de 2003, aprobou incialmente a modificación puntual do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica na rúa Lagartos, número 44, redactada polos servicios técnicos municipais.

De conformidade co diposto no artigo 86.1º a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o citado prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulgen oportunas.

De acordo co previsto no citado artigo 86.1º a) indícase de seguido a relación dos titulares que figuran no catastro e no Rexistro da Propiedade:

CatastroRexistro da propiedade

Referencia catastralTitularTitular

80783-07-NH3487G-0001-TZJesusa del Río del Río

80783-08-NH3487G-0001FZPurificación Álvarez ÁlvarezJavier Baltar Boilève e

80783-09-NH3487G-0001-MZMariano Mujico RaviñaBeatriz Lorenzo Collazo

A aprobación inicial determina, por aplicación do disposto no artigo 77.2º da citada lei, a suspensión do procedemento de outorgamento de licencias no ámbito afectado pola modificacion, na medida en que resulten incompatibles co novo réxime urbanístico. A suspensión, que terá duración máxima de dous anos contados desde o acordo de aprobación inicial, extinguirase en todo caso co acordo de aprobación definitiva da modificación.

Este anuncio servirá de edicto de notificación, de acordo co previsto no artito 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ós propietarios que non poidan ser notificados individualmente por resultar descoñecido o seu paradoiro.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2003.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde