Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Xoves, 06 de marzo de 2003 Páx. 2.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno, na súa sesión do día 3 de febreiro de 2003, aprobou inicialmente o estudio de detalle da parcela número 44 do 1º sector do solo urbanizable non programado número 37 (SUNP-37) de Costa Vella, promovido por Leroy Merlín, S.A.

De conformidade co disposto no artigo 86.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio Diario Oficial de Galicia. Durante o citado prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planea

mento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

O acordo de aprobación inicial determina, por aplicación do disposto no artigo 77.2º da citada lei, a suspensión do procedemento de outorgamento de licencias no ámbito da parcela para tódolos usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proposta. A suspensión, que terá duración máxima de dous anos contados do acordo de aprobación inicial, extinguirase en todo caso co acordo de aprobación definitiva do estudio de detalle.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2003.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde