Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Xoves, 06 de marzo de 2003 Páx. 2.761

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

CONCURSO aberto para a contratación dos servicios de cafetería-restaurante do Verbum-Casa das Palabras.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: novos proxectos urbanos. Nº expediente: 15547/240.

2. Obxecto do contrato: descrición: explotación da cafetería-restaurante do Verbum-Casa das Palabras.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: 12 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Canon mínimo que se lle aboará ó concello: 6.000 euros/ano.

5. Garantías: provisional: dispensada.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a solvencia económica, financeira e técnica acreditarase na forma prevista nos artigos 16 e 19 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 8 días naturais seguintes á publicación do último anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia e BOP.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións:

11. Gastos dos anuncios: pagaraos o adxudicatario e non superarán a cantidade de 600 euros.

12. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org.

Vigo, 24 de febreiro de 2003.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde