Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Xoves, 06 de marzo de 2003 Páx. 2.761

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILABOA

ANUNCIO.

Exponse ó público o Decreto da alcaldía 25/2003, do 21 de febreiro, que se transcribe:

«Decreto da alcaldía 25/2003, do 21 de febreiro.

Antecedentes:

O Pleno do Concello de Vilaboa na sesión do 27 de novembro de 2002, tomou coñecemento do avance

do Plan xeral de ordenación municipal e acordou abrir un período de información pública polo prazo dun mes.

O anuncio de exposición pública foi publicado no BOP do 13 de xaneiro, Diario Oficial de Galicia do 24 de xaneiro e no Faro de Vigo do 13 de decembro de 2002.

Consideracións:

Parece xustificado polo número de suxestións que se levan presentado e pola importancia do Plan xeral de ordenación municipal, que se amplíe o prazo de información pública.

A lei prevé a posibilidade de amplia-los prazos por un período non superior á metade dos prazos inicialmente establecidos.

Resolvo:

Primeiro.-Ampliar por 15 días máis o período de información pública do Plan xeral de ordenación municipal de Vilaboa, no cal as entidades e os particulares poderán suxiri-lo que estimen oportuno e presentar propostas e convenios urbanísticos que estimen procedentes.

Segundo.-Publica-lo anuncio no BOP, Diario Oficial de Galicia e Faro de Vigo».

Vilaboa, 21 de febreiro de 2003.

Francisco Xabier Miguez Santos

Alcalde