Romina Díaz Abad.
Castrelo, 26.
27880 Burela.
José Rodríguez Martínez.
Barxa Lago, nº 11.
27878 Xove.
Intentada notificación e non podendo ser practicada, procédese á seguinte publicación conforme o artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Sendo as persoas citadas afectadas pola execución do proxecto para a ampliación do depósito de lamas vermellas da factoría de Alúmina Española, S.A. en San Cibrao-Xove (Lugo), declarado de utilidade pública e urxente ocupación polo Decreto 365/2002,
do 19 de decembro (DOG nº 11, do 17 de xaneiro) en relación, cos predios nº 7, polígono 11-B, e 174, polígono 11-B respectivamente, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa:
Convócanse as persoas citadas para que comparezan no lugar e data que a continuación se detalla para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos dimanantes da rápida ocupación, sen prexuízo de trasladarse ó lugar dos predios se considera necesario.
Lugar: antigo centro médico. Avda. da Deputación, s/n. Xove.
Data: 24 de marzo de 2003.
Hora: 10 h.
Ó devandito acto deberán asisti-los titulares afectados, persoalmente ou ben por persoas debidamente autorizadas para actuar no seu nome, presentando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e, en caso de representación, poder suficiente, podendo acompañarse, pola súa conta e se o considera oportuno, dos seus peritos e notario.
Advírteselles de que ata a data do devandito levantamento de actas previas poderán formular alegacións por escrito perante a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sita na rúa San Lorenzo, s/n, 15781 de Santiago de Compostela, para os efectos de corrixi-los erros que se puidesen producir en relación cos bens ou dereitos indicados.
O levantamento de actas poderá continuarse en días e horarios posteriores, se fose preciso, sen necesidade de repeti-las citacións; abondará, para tal efecto, o anuncio verbal efectuado con ocasión do levantamento das últimas actas que se expidan.
Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2003.
Ángel García Arias
Subdirector xeral de Avaliación Ambiental

