Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Venres, 14 de marzo de 2003 Páx. 3.143

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 29 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a Resolución do 3 de setembro de 2002 de concesión de axudas pola contratación en prácticas do expediente administrativo FM 343D 2001/500-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución

de concesión de axudas pola contratación en prácticas do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 10-5-2001 (DOG nº 97, do 22 de maio), publícase:

«1. Expediente de procedemento: FM 343D 2001/500-5.

Orde de convocatoria: 10 de maio de 2001 (DOG nº 97, do 22 de maio).

Interesado: Comunicación e Negocio Dixital, S.L.

Enderezo: avda. García Barbón, 30, 1º dta. 36201-Vigo (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación ó abeiro da Orde do 10-5-2001 do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude do 3 de setembro de 2002.

Parte dispositiva da resolución:

ACORDA:

1. Conceder a Comunicación e Negocio Dixital, S.L., as axudas pola contratación en prácticas de 1 traballador na contía seguinte:

Axuda pola contratación en prácticas de 1 traballador, por un importe total de 3.005,06 A.

2. Condiciona-lo pagamento destas axudas e subvencións, de conformidade coa base 15 do anexo D da orde de convocatoria, á presentación por parte do beneficiario, no prazo de 10 días hábiles desde o seguinte ó da presente notificación, dun exemplar, orixinal ou fotocopia compulsada, da documentación que se indica:

Certificados de estar ó día nos pagamentos a Seguridade Social.

Certificados de estar ó día na Axencia Estatal Tributaria.

Certificado de non ter contraídas débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Declaración expresa, na data actual, comprensiva de tódalas axudas e subvención solicitadas ou concedidas para este mesmo proxecto, ou, se é o caso, de que non solicitou ou percibíu ningunha axuda e subvención das distintas administracións públicas.

3. De non presentarse no prazo indicado ou de non ser correcta ou concorde co solicitado procederase segundo o caso á revogación total ou parcial da axuda concedida (artigos 10 e 11 da orde de convocatoria).

4. Lembrarlle ó beneficiario o necesario cumprimento das obrigas de mantemento, información e comunicación establecidas na base décimo sexta do anexo D da orde reguladora.

Notifíquese esta resolución ós interesados, facéndolles saber que pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo,

con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, ante esta delegación provincial, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 3 de setembro de 2002. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado Provincial de Pontevedra».

Os correspondentes expedientes figuran no Servicio de Fomento do Emprego da delegación provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.

Vigo, 29 de xaneiro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra