Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Venres, 14 de marzo de 2003 Páx. 3.145

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 29 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o acordo de inicio do procedemento de reintegro do 22 de novembro de 2002 das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo FM Reint. 2002/160-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado do acordo de inicio do procedemento de reintegro da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 27 de abril de 1998 (DOG do 30 de abril), publícase:

«1. Expediente de reintegro: FM Reint. 2002/160-5.

Orde da convocatoria: 27 de abril de 1998 (DOG do 30 de abril).

Interesado: Inconta, S.L.

Enderezo: avda. García Barbón nº 30, 3º, pta. 5, 36201-Vigo (Pontevedra).

Asunto: acordo de inicio do procedemento de reintegro do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude con data do 22 de novembro de 2002, ó abeiro da Orde do 27-4-1998.

Acordo:

Comprobada por esta delegación provincial, a baixa na empresa beneficiaria dos traballadores que se relacionan, sen que conste a súa substitución nos termos esixidos polo artigo 27 da orde reguladora:

Apelidos e nomeDNIData inicio

contrato

Data fin

contrato

Fernández Cuevas, José Antonio76898487-B26-2-199831-12-2000

Comesaña Bugallo, Javier36085371-G13-4-199831-12-2000

Pujales Varela, Fco. Manuel36082736-Z1-4-199831-12-2000

Sanromán Rodríguez, Ángel76989413 H9-3-199812-3-1999

Álvarez Sousa, Emilio34874468-M19-2-199831-12-2000

Taboada Iglesias, Javier34986023-X19-2-199830-7-1999

Fdez. Troncoso, Miguel Ángel36119809-B26-3-199830-8-1999

ACORDO:

1. Iniciar en exercicio da competencia atribuída polo artigo 20.2º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro (DOG do 11 de decembro) o procedemento de reintegro das axudas concedidas na resolución do 27-10-1998, pola contratación indefinida dos citados traballadores.

2. Dar trámite de audiencia ó interesado, para que formule as alegacións e achegue os documentos que estime pertinentes, durante os 10 días hábiles seguintes ó da presente notificación.

Vigo, 22 de novembro de 2002. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial de Pontevedra».

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da delegación provincial da Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.

Vigo, 29 de xaneiro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra