Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Venres, 14 de marzo de 2003 Páx. 3.146

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2003 pola que se anuncia concurso público aberto, por tramitación ordinaria, para a contratación dos traballos de consultoría e asistencia para a auditoría das contas anuais do exercicio económico-orzamentario do ano 2002 do ente público Portos de Galicia.

1. Entidade adxudicataria:

a) Organismo: ente público Portos de Galicia .

b) Dependencia que tramita o expediente: servicios centrais do ente público Portos de Galicia.

c) Número de expediente: 4-003004.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: consultoría e asistencia para a auditoría das contas anuais do exercicio económico-orzamentario do ano 2002 para o ente público Portos de Galicia.

b) División por lotes: non.

c) Lugar de execución: servicios centrais do ente público Portos de Galicia.

d) Prazo de execución: 30 días naturais contados desde a formalización do contrato, prorrogables ata o máximo doutros trinta días máis.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 18.030,36 A (IVE incluído).

5. Garantías:

Provisional: 2% do orzamento base de licitación: 360,61 A.

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación: 721,21 A.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: Área Central, praza de Europa, 5A-6º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Teléfono: 981 54 45 02.

e) Telefax: 981 58 45 03.

f) Enderezo en Internet: http: // www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=2253.

g) Data límite de obtención de documentos e información: a data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: especificados no prego de cláusulas administrativas particulares e o de prescricións técnicas.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ó de publicación deste anuncio no presente diario oficial. De coincidir en día inhábil ou sábado o prazo será prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas do concurso.

c) Lugar de presentación: ante a entidade, domicilio, localidade e código postal especificado no número 6.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mantene-la súa oferta: tres meses contados desde o día da apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: si se admiten.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: Área Central, 5-A, 6º, polígono das Fontiñas.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó día de finalización do prazo de presentación de ofertas. De coincidir en día inhábil ou sábado o prazo será prorrogado ata as nove horas do seguinte día hábil.

e) Hora: 9 horas.

10. Outras informacións:

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2003.

Carlos Negreira Souto

Presidente do ente público Portos de Galicia