De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe do Servicio Provincial de Ourense.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o Servicio Provincial de Ourense, con enderezo en avda. de Zamora nº 13, baixo, de Ourense, das 9 ás 14 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 17 de febreiro de 2003.
Antonio Aguarón Turrientes
Xefe do Servicio Provincial de Ourense
ANEXO
Expediente: 32096/2000.
Interesado: José Sousa González.
CIF: 34387016-S.
Acto notificado: resolución do recurso de alzada.

