Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Venres, 14 de marzo de 2003 Páx. 3.150

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do 2-1-2003, aprobou o prego de condicións técnicas que rexerá na poxa para a concesión do servicio público de adxudicación de postos no mercado municipal de Carballo, o cal se expón ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción do último anuncio no DOG, no BOP ou prensa, para que se poidan presentar reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase poxa pública aínda que a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Obxecto do contrato: adxudicación de dezanove (19) postos vacantes no mercado municipal de Carballo.

Prazo da concesión: vinte (20) anos.

Canon de adxudicación: (prezo mínimo de saída á poxa).

Nº postoValoración

PS-0430.050,61 A

PB-0113.222,27 A

PB-129.255,59 A

PB-219.015,18 A

PB-292.404,05 A

PB-322.404,05 A

PB-4916.527,83 A

PB-5619.833,40 A

PA-012.404,05 A

PA-027.212,15 A

PA-034.327,29 A

PA-062.404,05 A

PA-099.315,69 A

PA-133.005,06 A

PA-232.404,05 A

PA-242.404,05 A

PA-252.404,05 A

PA-272.404,05 A

PA-282.404,05 A

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello ás 12 horas do sexto día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas. No caso de resultar sábado, entenderase prorrogado ó día hábil inmediato seguinte.

Proposicións:

Lugar e prazo de presentación: presentaranse no rexistro xeral da corporación das 9 ás 14 horas, dentro do prazo de vinteseis (26) días naturais contados desde o día seguinte ó da última publicación do anuncio de poxa no DOG, BOP ou prensa.

Documentación: presentarase en (2) dous sobres pechados conforme se indica no prego de condicións que se encontra exposto na secretaría do concello.

Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Carballo, 11 de febreiro de 2003.

José Mª Vázquez Barca

Alcalde accidental