No BOP de Lugo nº 17, do 22 de xaneiro de 2003, aparecen publicadas as bases que rexerán a oposición para cubrir en propiedade, mediante concurso-oposición, unha praza de conserxe-alguacil da administración xeral, vacante no cadro de persoal desta Corporación.
O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste extracto da convocatoria no BOE.
Os dereitos de exame fíxanse en 15 euros.
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Chantada (praza de Galicia nº 1, 27500 Chantada-Lugo) ou da forma que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Os sucesivos anuncios en relación con esta convocatoria serán publicados no BOP de Lugo e no taboleiro de anuncios deste Concello.
Chantada, 7 de xaneiro de 2003.
Manuel Lorenzo Varela Rodríguez
Alcalde
José Antonio Fente Ledo
Secretario

