1. Entidade adxudicadora:
Concello de Ponteareas.
2. Obxecto do contrato:
Redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal e execución de cartografía do concello de Ponteareas.
Lugar de execución: Ponteareas.
Prazo de execución: 20 meses.
3. Tramitación:
Ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento base de licitación:
367.134 euros con 20 céntimos (IVE incluído).
5. Garantías.
Provisional: 7.342 euros con 68 céntimos.
6. Obtención de documentación e información:
Concello de Ponteareas. Xardíns Ramiro Sabell. 36860-Ponteareas. Teléfono: 986 64 00 00. Fax: 986 66 06 47.
Data límite: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista:
Segundo cláusulas 2.2.1 do prego de condicións.
8. Presentación de ofertas:
Durante 26 días naturais seguintes ó da última publicación deste anuncio no BOP e no DOG, das 9 ás 13 horas.
Documentación: a establecida na cláusula 2.2.5 do prego de condicións.
Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Ponteareas.
Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses.
9. Apertura de ofertas:
No Concello de Ponteareas, o 5º día natural seguinte, non sábado, despois do remate do prazo de presentación de ofertas, ás 13 horas.
10. Obtención do prego de condicións:
Secretaría do Concello de Ponteareas.
11. Gastos de anuncios:
Por conta do adxudicatario.
Ponteareas, 7 de febreiro de 2003.
María Nava Castro Domínguez
Alcaldesa

