O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 23 de xaneiro de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
«Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da UE 8-Grades, promovido polas entidades mercantís Lanzamar, S.A. e Promociones Vital Vigo, S.L., redactado polos arquitectos Pereiro Alonso, Cameselle Lago, Ramilo Méndez e Puente Crespo (expediente 4327/401), visado polo COAG no 19-9-2002.
Segundo.-Para poder solicitar licencia de obras antes da finalización e recepción das obras de urbanización, a Xunta de Compensación deberá constituír previamente fianza ou aval bancario polo importe de 235.381,60 euros, en garantía da correcta execución da dita urbanización.
Terceiro.-Antes do inicio das obras deberá efectuarse un replanteo delas, en coordinación cos técnicos da oficina municipal de Vías e Obras. Así mesmo, ó solicita-la súa recepción facilitarase representación planimétrica do realmente executado en soporte informático. Durante a execución destas obras deberá darse cumprimento ó sinalado polos enxeñeiros dos departamentos municipais de Parques e Xardíns e Servicios Electromecánicos nos seus respectivos informes citados na parte expositiva deste acordo.
Cuarto.-Notifíquese o contido íntegro deste acordo ós propietarios do polígono, coa indicación de que contra o mesmo cabe interpoñer, alternativamente, recurso de reposición ante esta Administración municipal no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses. Publíquese no DOG e no BOP».
Contra o devandito acordo que pon fin á vía administrativa poderán interpoñerse os seguintes recursos:
a) Potestativo de reposición ante o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio.
b) Contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.
De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, LRXAP-PAC, por medio do presente anuncio, notifícase o acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.
Vigo, 31 de xaneiro de 2003.
Lois Pérez Castrillo
Alcalde presidente da Xerencia Municipal
de Urbanismo

