Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Venres, 14 de marzo de 2003 Páx. 3.152

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

ANUNCIO.

Aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación Municipal, en sesión do 19 de decembro de 2002, a modificación puntual nº 11 das NNSS de planeamento do Concello de Vilanova de Arousa, en cumprimento do disposto no artigo 85.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, queda exposto ó público o expediente nas oficinas municipais, polo prazo dun mes, durante o que poderá ser examinado e formularse contra el cantas observacións ou reclamacións se coiden oportunas.

Este edicto inserirase no DOG, no BOP e nun xornal dos de maior tirada de Galicia, e o período para exame e presentación de reclamacións iniciarase, en todo caso, a partir do día seguinte ó da súa inserción no citado Diario Oficial de Galicia.

Vilanova de Arousa, 3 de febreiro de 2003.

Gonzalo Durán Hermida

Alcalde