Resolución da Comandancia da Garda Civil de Lugo pola que se anuncia poxa de armas.
Ás 9.30 horas do vindeiro día 31 de marzo terá lugar, no cuartel da Garda Civil de Lugo, a poxa de armas composta por 276 escopetas, 6 carabinas, 1 rifle, 17 pistolas, 6 revólveres e un arma da 4ª categoría, que serán expostos ó público os días 24, 25, 26, 27 e 28 de marzo, das 9.30 ás 13.30 horas, momento no que lle será entregado ó público o correspondente prego de condicións. A poxa será a prego pechado e o prazo de admisión de pregos rematará ás 13.30 horas do día 28.
Lugo, 11 de febreiro de 2003.
José Herrera García-Lora
Tenente coronel xefe da Comandancia da Garda Civil de Lugo

