Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Venres, 14 de marzo de 2003 Páx. 3.152

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE FOMENTO

NOTA-ANUNCIO.

Con data do 27 de xaneiro de 2003, a Secretaría de Estado de Infraestructuras resolveu aprobar tecnicamente o estudio informativo Nova liña de alta velocidade Ourense-Monforte de Lemos-Lugo.

En virtude da dita resolución e conforme o disposto no artigo 228.2º do vixente regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres, sométese a información pública o dito estudio informativo, por un período de trinta (30) días hábiles contados a partir da data de publicación deste anuncio no BOE, para ser examinado polas persoas que o desexen, que poderán formular observacións que deberán versar sobre circunstancias que xustifiquen a declaración de interese xeral da liña e sobre a concepción global do seu trazado.

A información pública éo tamén para os efectos ambientais indicados no procedemento de avaliación de impacto ambiental regulado polo Real decreto lexislativo 1302/1986 e o seu regulamento de aplicación (artigo 15).

O estudio informativo estará exposto ó público en días e horas hábiles de oficina, nos locais da Delegación do Goberno en Galicia (praza de Ourense s/n, 15071 A Coruña), Subdelegación do Goberno en Ourense (Parque de San Lázaro nº 1, 32071 Ourense) e Subdelegación do Goberno en Lugo (praza Armanyá nº 10, 27071 Lugo), así como na Dirección Xeral de Ferrocarrís do Ministerio de Fomento (praza de los Sagrados Corazones nº 7, planta baixa, 28071-Madrid).

Así mesmo, nos concellos de Ourense, Coles e A Peroxa na provincia de Ourense, e nos de Pantón, Sober, Monforte de Lemos, Bóveda, O Incio, Sarria, Láncara, O Páramo, O Corgo e Lugo na provincia de Lugo estará á disposición dos interesados unha separata-extracto do estudio informativo no que afecta os ditos municipios.

As alegacións que se formulen irán dirixidas á Subdirección Xeral de Plans e Proxectos de Infraestructuras Ferroviarias; praza de los Sagrados Corazones nº 7, 28071 Madrid, indicando como referencia: información pública do estudio informativo Nova liña de alta velocidade Ourense-Monforte de Lemos-Lugo.

Madrid, 27 de xaneiro de 2003.

Eduardo Molina Soto

Subdirector xeral de Plans e Proxectos

de Infraestructuras Ferroviarias