En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no corres
pondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Gallega de Gobernantas/es de Hotel y Otras Entidades Públicas o Privadas que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán integra-la asociación aquelas persoas que acrediten a titulación de gobernanta/e (técnico en rexedoría de pisos), que exerzan a profesión de gobernantas/es, subgobernantas/es, supervisoras/es, encargadas/os ou aqueles profesionais que estean desenvolvendo profesións análogas.
Asinan a acta de constitución: Juan Gómez Fiano e cinco persoas máis.
Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2002.
Pilar Cancela Rodríguez
Directora xeral de Relacións Laborais

