Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Martes, 18 de marzo de 2003 Páx. 3.307

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación dos estatutos da Asociación Gallega de Gerontólogos, que no sucesivo, e en virtude da dita modificación denominarase Asociación Galega de Xerontólogos.

En cumprimento do disposto na normativa legal vixente sobre depósito de estatutos de asociacións profesionais, e para os efectos previstos nela, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, presentouse o 3 de febreiro de 2003, certificación expedida polo secretario da referida asociación Santiago Ríos Pérez, co visto e prace da súa presidenta, onde se recolle o acordo consistente na modificación dos artigos 1 e 4, relativos ó cambio de denominación e novo domicilio social, respectivamente.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais