En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Profesionais do Marisqueo a Pé de Galicia Areal que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán ser socios da asociación: as agrupacións de mariscadoras, as asociacións profesionais de mariscadoras ou as cooperativas de explotación de recursos acuícolas.
Asinan a acta de constitución: Elena Batalla Tubío e Dominica Fernández Barreiro, en representación Agrupación de Marisqueo a Pé da Confraría de Noia San Bartolomé.
Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2003.
Pilar Cancela Rodríguez
Directora xeral de Relacións Laborais

