En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos do Sindicato Galego de Profesionais da Sanidade que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán ser membros do sindicato tódolos traballadores que presten ou prestasen servicios nunha empresa, sexa pública ou privada, dedicada á actividade sanitaria en xeral.
Asinan a acta de constitución: Carlos Fernández Gómez e tres persoas máis.
Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2003.
Pilar Cancela Rodríguez
Directora xeral de Relacións Laborais

