De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución do recurso de reposición do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 13 de marzo de 2001 (DOG do 27 de marzo), publícase:
1º Expediente: FM 343D 2001/464-5.
Orde da convocatoria: 13 de marzo de 2001 (DOG do 27 de marzo).
Interesado: Ancar Publicidad, S.L.
Enderezo: avda. García Barbón nº 30-1º, 36201 Vigo (Pontevedra).
Asunto: resolución do recurso de reposición do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude do 15 de outubro de 2002, ó abeiro da Orde do 13 de marzo de 2001.
Resolución:
«Visto o recurso de reposición interposto polo interesado, notifícolle a resolución dictada por esta delegación provincial:
Antecedentes.
1. A Resolución do 18 de abril de 2002, notificada o 26 de abril de 2002, declarou a desistencia da solicitude de axudas á contratación en prácticas.
2. O interesado presentou recurso de reposición contra a devandita resolución o 10 de maio de 2002.
Fundamentos.
Primeiro.-A competencia desta delegación provincial para resolve-lo recurso, por delegación da conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, vén determinada polo artigo 3.1º e a disposición adicional terceira da Orde do 10 de maio de 2001 (DOG do 22 de maio) pola que se establecen os programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego para o ano 2001, en relación co artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Segundo.-A resolución obxecto do recurso foi dictada en aplicación do artigo 5.1º da orde reguladora
das axudas, en relación co disposto nos artigos 71 e 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O requirimiento de emenda foi notificado o 14 de xaneiro de 2002 no domicilio indicado na solicitude para os efectos de notificacións, segundo consta no xustificante de recepción, sen que o interesado achegase a documentación reclamada nin realizase ningunha actuación no procedemento. Esta inactividade impediu a acreditación dos requisitos esenciais que deben xustificarse coa solicitude, de conformidade coa base 14ª do anexo D, e motivou a finalización do procedemento mediante a resolución impugnada.
Terceiro.-As alegacións do recorrente carecen de relevancia para desvirtua-la motivación anterior. Os principios de legalidade e obxectividade que rexen a actividade de fomento obrigan á Administración actuante a esixi-la observancia da normativa reguladora, que non prevé excepcións na súa aplicación que permitan atende-las previsións formuladas. En consecuencia, o recurso non pode ser estimado.
En virtude dos antecedentes e fundamentos expostos,
RESOLVO:
Desestima-lo recurso de reposición interposto o 10 de maio de 2002 e confirma-la resolución dictada por esta delegación provincial o 18 de abril de 2002.
Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela o interesado pode interpoñer recurso contencioso-aministrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde o día seguinte ó desta notificación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo (BOE do 14 de xullo) reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Vigo, 15 de outubro de 2002. P.D. O delegado provincial. Asdo.: Joaquín Macías Sánchez».
Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.
Vigo, 29 de xaneiro de 2003.
Joaquín Macías Sánchez
Delegado provincial de Pontevedra

