De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico
das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de desistencia da solicitude das axudas á contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento da estabilidade laboral do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 27 de abril de 2001 (DOG do 14 de maio), publícase:
1º Expediente de procedemento: FM 343G 2001/855-5.
Orde da convocatoria: 27 de abril de 2001 (DOG do 14 de maio).
Interesado: Luis Diz García.
Enderezo: Pintor Laxeiro, 28, 36002 Pontevedra (Pontevedra).
Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude do 17 de xaneiro de 2003, ó abeiro da Orde do 27 de abril de 2001.
Resolución:
«Examinada a solicitude sobre axudas do programa de incentivos á contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento da estabilidade laboral, presentada por Luis Diz García, en nome e representación de Luis Diz García, e tendo en conta os seguintes:
Antecedentes.
Primeiro.-A solicitude foi presentada o 13 de xullo de 2001.
Segundo.-O Servicio de Fomento do Emprego desta delegación provincial notificoulle ó interesado o 15 de abril de 2002 o requirimento de emenda da súa solicitude.
Terceiro.-O solicitante non achegou a documentación requirida no prazo concedido.
Fundamentos.
Primeiro.-A competencia desta delegación provincial para coñecer e resolve-la presente solicitude vén determinada polo artigo 7 da Orde do 27 de abril de 2001 (DOG do 14 de maio) pola que se regulan os programas de incentivos á contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento da estabilidade laboral.
Segundo.-Artigo 10 da orde reguladora en relación cos artigos 71 e 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).
Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial
ACORDA:
Declara-la desistencia da súa solicitude.
Notifíqueselle ó interesado esta resolución, que pon fin á vía administrativa e contra a que cabe formular recurso contencioso-administrativo, no pra
zo de dous meses desde o día seguinte ó da súa notificación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, pode interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, ante esta delegación provincial, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Vigo, 17 de xaneiro de 2003. P.D. O delegado provincial. Asdo.: Joaquín Macías Sánchez».
Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.
Vigo, 29 de xaneiro de 2003.
Joaquín Macías Sánchez
Delegado provincial de Pontevedra

