Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Martes, 18 de marzo de 2003 Páx. 3.310

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 29 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a Resolución do 18 de setembro de 2002 de concesión de axudas á contratación indefinida do expediente administrativo FM 343B 2001/1390-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de concesión das axudas á contratación indefinida do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 10 de maio de 2001 (DOG nº 97, do 22 de maio), publícase:

1º Expediente de procedemento: FM 343B 2001/1390-5.

Orde da convocatoria: 10 de maio de 2001 (DOG nº 97, do 22 de maio).

Interesado: Ramón Mucientes Silva.

Enderezo: Manuel Núñez 3-2, 36203 Vigo (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación ó abeiro da Orde do 10 de maio de 2001 do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude do 18 de setembro de 2002.

Parte dispositiva da resolución:

«RESOLVE:

1. Denegar a Ramón Mucientes Silva a axuda solicitada pola contratación de Isabel Navarro Fernández, dado que o número de traballadores do cadro de persoal fixo resultante da contratación obxecto

da solicitude non supera a media aritmética dos 12 meses anteriores ó inicio da referida relación laboral, polo que non se cumpre o requisito do incremento esixido pola base novena do anexo B.

2. Conceder a Ramón Mucientes Silva as axudas e subvencións pola contratación indefinida de 1 traballador na contía seguinte:

Axuda pola contratación indefinida inicial de 1 muller desempregada, por un importe total de 2.404,05 A.

3. Condiciona-lo pagamento destas axudas e subvencións, de conformidade coa base doce do anexo B da orde de convocatoria, á presentación por parte do beneficiario, no prazo de 10 días hábiles desde o seguinte ó desta notificación, dun exemplar, orixinal ou fotocopia compulsada, da documentación que se indica:

Certificados de estar ó día nos pagamentos á Seguridade Social

Certificados de estar ó día na Axencia Estatal Tributaria.

Certificado de non ter contraídas débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Declaración expresa, na data actual, comprensiva de tódalas axudas e subvención solicitadas ou concedidas para este mesmo proxecto, ou, de se-lo caso, de que non solicitou ou percibiu ningunha axuda e subvención das distintas administracións públicas.

Declaración da condición de PEME.

Alta no imposto de actividades económicas, no seu defecto, declaración por parte do representante legal, da data de inicio da actividade.

TC1 e 2, dos meses seguintes: julio/02, abril/01, novembro/01 e decembro/00 (as empresas dadas de alta con posterioridade a esas datas presentarán os TC que correspondan e a inscrición da empresa na Seguridade Social, modelo TA-6).

4. De non presentarse no prazo indicado ou de non ser correcta ou concorde co solicitado, procederase segundo o caso á revogación total ou parcial da axuda concedida (artigos 10 e 11 da orde de convocatoria).

5. Lembrarlle ó beneficiario o necesario cumprimento das obrigas de mantemento, información e comunicación establecidas no artigo 9 e na base décimo terceira do anexo B da orde reguladora.

Notifíqueselles esta resolución ós interesados, facéndolles saber que pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, ante esta delegación pro

vincial, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 18 de setembro de 2002. P.D. O delegado provincial. Asdo: Joaquín Macías Sánchez».

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.

Vigo, 29 de xaneiro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra