De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 112, do 14 de xaneiro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, o acordo de inicio do procedemento administrativo sancionador por presunta infracción da Lei 27/1992, do 24 de novembro (BOE nº 283, do 25 de novembro) de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co artigo 17 do regulamento de servicio e policía dos portos aprobado por O.M. do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.
Desígnase instructor do expediente a Jesús Javier Fernández Barro, xefe da Unidade III da Área de Explotación e Planificacion, con domicilio para estes efectos na praza de Europa, 5-A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, sendo o seu réxime de recusación o consignado nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE
do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común (en adiante LRXPAC).
Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación no Diario Oficial de Galicia, para que poida examina-lo expediente nos servicios centrais do ente público Portos de Galicia sito na praza de Europa, 5-A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, e formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que estime pertinentes ante o instructor do procedemento, segundo o establecido no regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).
O órgano competente para a resolución do expediente por razón da tipificación e contía da sanción, de acordo co artigo 39 do Regulamento do ente público Portos de Galicia (Decreto 227/1995, do 20 de xullo, DOG nº 228, do 28 de novembro de 1995), e, en virtude do disposto na resolución da presidencia de Portos de Galicia, do 20 de marzo do 2002 pola que, en aplicación do artigo 17.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídco das administracións públicas e do procedemento administrativo común, desígnase un técnico do ente público Portos de Galicia para o exercicio das competencias sancionadoras que ten o director, posto actualmente vacante, é a xefa da Área de Explotación e Planificación.
O pagamento voluntario ou o recoñecemento voluntario da responsabilidade en calquera momento anterior á resolución porán fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta número 0049-6755-64-2116034531 do Banco Santander-Central Hispano, empregando o modelo de impreso que se facilitará nos servicios centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria.
De non efectuarse alegacións no prazo antes mencionado, este acordo será considerado proposta de resolución (artigo 13.2º R.P.).
E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2003.
Ana Isabel Calzadilla Bouzón
Xefa da Área de Explotación e Planificación
ANEXO
Matrícula
Denunciante Último enderezo coñecido Data-hora-porto
Expediente
Denunciado
Feito denunciado
Precepto infrinxido Precepto sancionador Sanción proposta
8868-BRL
Celador do porto Polígono Magdalena (O Milladoiro)
15864 Ames, A Coruña
Artigo 17 da O.M. 12-6-1976
Sanc. 18/2003
Galiport, S.A.
Estacionamento prohibido en zona portuaria debidamente sinalizada. 23-4-2002. 16.52 h. As Corbaceiras (Pontevedra) Artigo 114.1º a) da Lei 27/1992
Artigo 120 da Lei 27/1992 90,15 euros

