Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Martes, 18 de marzo de 2003 Páx. 3.313

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

ANUNCIO.

Resolución do 13 de decembro de 2002 referente á convocatoria para prover varias prazas. No BOP da Coruña número 6, do 9 de xaneiro de 2003, aparecen publicadas na súa integridade as bases para a provisión das seguintes prazas, incluídas dentro da oferta de emprego público deste concello para o ano 2002.

1 asesor xurídico, 1 arquitecto superior, 1 técnico medio, grupo B, subescala de xestión, 1 arquitecto técnico ou aparellador, 1 sarxento da policía local e 1 cabo da policía local.

As instancias para participar no proceso selectivo para cubri-las prazas anteriormente citadas presentaranse no prazo de vinte días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse exclusivamente no BOP da Coruña e no taboleiro de edictos da casa do concello.

Betanzos, 13 de xaneiro de 2003.

Manuel Lagares Pérez

Alcalde