Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Martes, 18 de marzo de 2003 Páx. 3.313

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión que tivo lugar o 19 de febreiro de 2003, acordou modificar diversas cláusulas do prego de condicións técnicas particulares e do prego de cláusulas administrativas que rexerán na contratación para a subministración e instalación de xogos infantís e adecuación de áreas de xogo en diversas zonas do concello Lugo. Por medio deste anuncio dáse a coñece-la licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a subministración e instalación de xogos infantís e adecuación de áreas de xogo en diversas zonas do concello de Lugo, segundo o establecido no prego de condicións técnicas, e sendo as zonas de actuación:

A. Substitución de xogos antigos existentes, pero que están fóra da norma, na praza Roxa, Montirón, parque da Milagrosa, Fonte dos Ranchos e parque de Albeiros, e adecuación no caso necesario das áreas de xogos á normativa de seguridade existente EN 1177.

B. Novas dotacións de xogos no Illa Verde, Acea de Olga e entre os carrís das Flores e das Hortas e adecuación das áreas de xogo á normativa de seguridade existente (EN 1177).

C. Creación e instalación de areeiros no Alexandre Bóveda, parque da Milagrosa, Albeiros, Montirón, Casas Sindicais, Quinta de Pérez e Fonte dos Ranchos.

d) Prazo de execución: o prazo máximo de execución é de 2 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: o prezo do contrato será o ofertado polos licitadores nas súas propostas. Non poderá ser

superior a 66.111,33 euros, distribuídos da seguinte forma:

Lote A: 40.111,33 euros.

Lote B: 18.000 euros.

Lote C: 8.000 euros.

Cada lote será ofertado por separado e cada empresa poderá presentar oferta para un ou varios lotes ou, se é o caso, para unha parte do lote.

5. Garantías.

Provisional: lote A: 802,23 euros; lote B: 360 euros; lote C: 160 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo. Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Outros requisitos: os sinalados no prego de cláusulas económico-administrativas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula sexta do prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo. Oficina de Rexistro, ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Murallo, 197.

3ª Localidade e código postal: Lugo, 27002.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: na primeira reunión da xunta de compras que teña lugar con posterioridade ó remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: aproximadamente 1.200 euros, que serán por conta do/s contratista/s adxudicatario/s.

Lugo, 3 de marzo de 2003.

P.D. (Decreto 60/1999, do 9 de xullo)

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente alcalde delegado da área