Aprobado pola Comisión de Goberno deste concello, en sesión que tivo lugar o día 20 de febreiro deste ano, o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán na contratación por concurso das obras do proxecto de acondicionamento e mellora de accesos nos núcleos de poboación de Fomiñá, Pousada e Crecente, exponse ó público na secretaría deste concello polo prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, para efectos de exame e reclamacións.
Simultaneamente, anúnciase a contratación da dita obra, aínda que no suposto de presentarse reclamacións contrato o prego de cláusulas, o concurso se aprazará canto resulte necesario, ata que sexan resoltas pola propia Corporación.
1. Entidade adxudicadora: Concello da Pastoriza.
2. Obxecto do contrato e prazo de execución: acondicionamento e mellora de accesos nos núcleos de poboación de Fomiñá, Pousada e Crecente. Prazo: seis meses.
3. Orzamento base de licitación. Importe total: 89.696 euros, IVE incluído.
4. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.
5. Garantías: provisional: 1.793,92 euros. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información: Concello da Pastoriza, Secretaría: praza de Galicia, nº 1, 27287 A Pastoriza. Teléfono: 982 33 21 97. Fax: 982 33 22 33. Ata o día anterior a aquel en que finalice o prazo de presentación de proposicións.
7. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: trece días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da última publicación.
b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 18 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: Concello da Pastoriza; praza de Galicia, nº 1.
8. Apertura de ofertas: no salón de sesións deste concello, ás trece horas do terceiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.
9. Criterios que servirán de base para a adxudicación: os especificados na cláusula 21.
10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Pastoriza, 3 de marzo de 2003.
José Yáñez García
Alcalde

