Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Martes, 18 de marzo de 2003 Páx. 3.315

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2003 pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras incluídas no proxecto de reforzo do firme nas rúas do núcleo urbano.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Órgano de contratación: Comisión de Goberno. Dependencia tramitadora: Servicio de Contratación.

2. Obxecto: execución das obras do proxecto. Prazo: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma: ordinaria, aberto, poxa.

4. Orzamento: 205.000 euros, incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica.

5. Garantías: Provisional: 4.100 euros. Definitiva: 4% da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: lugar: Servicio de Contratación do concello; praza de España. Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Data límite de obtención de documentos e información: 26 días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas. Data límite: 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Documentación: cláusula 16ª do prego. Lugar: rexistro xeral do concello (horario das 9 ás 13 horas). Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: vinte (20) días.

8. Apertura das ofertas: cláusula 19 do prego, ás 9 horas na sala de xuntas.

9. Gastos: cláusula 30 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Pontevedra, 23 de xaneiro 2003.

O secretario xeral

Rubricado

O tenente alcalde delegado de área

Rubricado