Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Martes, 18 de marzo de 2003 Páx. 3.316

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2003 referente ás bases para a provisión dunha praza de sarxento do cadro de persoal funcionario do Concello de Tui, mediante promoción interna.

No BOP de Pontevedra número 16, do 24 de xaneiro de 2003, publícanse integramente as bases que rexerán a convocatoria para a provisión dunha praza de sarxento da policía local, polo sistema de promoción interna, vacante no cadro de persoal funcionario deste concello, así como corrección de erros publicada no BOP número 27, do 10 de febreiro de 2003.

O prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza o anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP de Pontevedra e no taboleiro de anuncios do concello.

Tui, 10 de febreiro de 2003.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde