O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 16 de xaneiro de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
«Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da U.E. IV-09 Ramón Nieto 3, redactado pola arquitecta María Asunción Leboreiro Amaro, visado pola COAG nos días 6-3-2002 e 22-4-2002 (expediente 4307/401).
Segundo.-Para poder solicitar licencia de obras antes da finalización e recepción das obras de urbanización, a xunta de Compensación deberá constituír previamente fianza ou aval bancario polo importe de 118.084,8 euros, en garantía da correcta execución da dita urbanización.
Terceiro.-Antes do inicio das obras deberá efectuarse un replanteo delas, en coordinación cos técnicos da oficina municipal de vías e obras. Así mesmo, ó solicita-la súa recepción facilitarase representación planimétrica do realmente executado en soporte informático. Durante a execución destas obras deberá darse cumprimento ó sinalado polos enxeñeiros dos departamentos muncipais de parques e xardíns e servicios electromecánicos nos seus respectivos informes citados na parte expositiva deste acordo.
Cuarto.-Notifíquese o contido íntegro deste acordo ós propietarios do polígono, coa indicación de que contra el cabe interpor, alternativamente, recurso de reposición ante esta Administración municipal no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses. Publíquese no DOG e no BOP.
Contra o devandito acordo que pon fin á vía administrativa poderán interpoñerse os seguintes recursos:
a) Potestativo de reposición ante o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo, no prazo dun mes a partir do día seguinte da publicación do presente anuncio.
b) Contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.
De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, LRXAP-PAC, por medio do presente anuncio, notifícase o acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada».
Vigo, 23 de xaneiro de 2003.
Lois Pérez Castrillo
Alcalde-presidente da Xerencia Municipal
de Urbanismo de Vigo

