Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Martes, 18 de marzo de 2003 Páx. 3.317

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILASANTAR

ANUNCIO.

Anuncio de licitación, por tamitación urxente, de concurso con procedemento aberto.

1. Proxecto: construcción de edificio para local social.

2. Tramitación: concurso público con procedemento aberto, tramitación urxente.

3. Tipo de licitación: 58.755,73 euros.

4. Aplicación orzamentaria: función 4. Económico: 601.00.

5. Prazo de execución: doce meses.

6. Clasificación: non se esixe.

7. Garantías: provisional: non se esixe. Definitiva. 4%.

8. Lugar e prazo de presentación de ofertas.

a) Lugar e horario: nas oficinas municipais do Concello de Vilasantar, das 9 ás 13 horas.

b) Data límite de presentación: desde a publicación deste anuncio durante trece días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

9. Revisión de prezos: non procede.

10. Gastos dos anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do contratista adxudicatario.

11. Criterios de ponderación de ofertas: opción A do prego de cláusulas administrativas particulares (aprobados pola deputación provincial e publicados no BOP nº 205, do 6-9-2002).

12. Apertura de propostas: terá lugar na casa do concello ás trece horas do quinto día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. De coincidir en sábado ou festivo, adiantarase ata o seguinte día hábil.

13. Documentación que hai que presentar.

-Sobre A: subtitulado Documentación. Conterá a documentación que en cada caso se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares (aprobados pola deputación provincial e publicados no BOP nº 205, do 6-9-2002).

-Sobre B: subtitulado Oferta económica e referencias técnicas. Conterá a proposición económica formulada estrictamente o modelo que figura como anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares (aprobados pola deputación provincial e publicados no BOP nº 205, do 6-9-2002).

14. Expediente: o expediente, proxecto e pregos de condicións atópanse á disposición dos interesados nas oficinas municipais durante o mesmo prazo e horas que o de presentación de proposicións.

Vilasantar, 24 de febreiro de 2003.

José M. Taboada García

Alcalde