Por medio deste edicto faise público que o Concello de Vimianzo tramita a contratación das obras de urbanización das prazas de Treos e Carantoña, T.M. de Vimianzo.
Esta obra está incluída no Plan POS-2003 da Deputación Provincial da Coruña e ten un orzamento de licitación de 72.314,27 euros, IVE e demais impostos e gastos incluídos.
A presentación de ofertas deberá efectuarse dentro dos 13 días naturais contados desde a publicación do modelo normalizado de anuncio de licitación no BOP.
Aplícase o prego-tipo do contrato de obras, aprobado pola Deputación Provincial da Coruña, na modalidade de concurso, e que se publicou no BOP nº 205, do 3 de setembro de 2003.
Está previsto aplicar como criterios de valoración para a adxudicación a modalidade opción B que se publica no BOP, ó mesmo tempo que o anuncio de licitación en modelo normalizado.
Pódese obter copia de pregos e demais información que sexa precisa nas dependencias municipais de secretaría, en horario de oficina. Teléfono: 981 71 60 01, fax: 981 71 66 50.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Vimianzo, 7 de marzo de 2003.
Alejandro Rodríguez Lema
Alcalde

