Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Martes, 18 de marzo de 2003 Páx. 3.318

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso, con procedemento aberto, de asistencia á deputación para a dirección das obras e control e vixilancia da seguridade e saúde das obras incluídas no convenio Xunta-Deputación para a reforma e construcción de instalacións deportivas.

1. Obxecto: o concurso ten por obxecto a contratación da asistencia á deputación para a dirección

das obras e control e vixilancia da seguridade e saúde das obras incluídas no convenio Xunta-Deputación para a reforma e construcción de instalacións deportivas, que figuran no anexo, cos orzamentos, garantías e clasificacións que se relacionan.

2. Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

3. Proposicións: poderán presentarse na Servicio de Patrimonio e Contratación das 9 ás 13 horas dentro do prazo dos oito días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP e no DOG.

4. O texto íntegro deste anuncio figura no BOP.

5. Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 11 de marzo de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

ANEXO

Asistencia á deputación para a dirección das obras e control e vixilancia da seguridade e saúde das obras incluídas no convenio Xunta-Deputación para a reforma e construcción de instalacións deportivas.

Denominación obra

Lugar de execución

OrzamentoPrazo execución da obra que se vai dirixirClasificaciónGarantía

provisional

Garantía

definitiva

Pista de atletismo de Noia22.928,92 AComprenderá o prazo de execución da obra desde a acta de comprobación do replanteo das obras ata a acta de recepción destasNon se esixeNon se esixeNon esixe

Pista de atletismo da Malata, Ferrol32.940,33 AComprenderá o prazo de execución da obra desde a acta de comprobación do replanteo das obras ata a acta de recpeción destasNon se esixeNon se esixeNon esixe