Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Martes, 18 de marzo de 2003 Páx. 3.318

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE PÚBLICA DE INVESTIMENTOS DE GALICIA, S.A.

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2003 pola que se anuncia a licitación do concurso aberto de servicios: para a redacción do proxecto da vía de alta capacidade alternativa á C-541 e conexión coa rede de alta capacidade de Santiago de Compostela (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: SPI-Galicia, S.A.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento Administrativo-Financeiro.

c) Número de expediente: PTOV030101.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: redacción do proxecto da vía de alta capacidade alternativa á C-541 e

conexión coa rede de alta capacidade de Santiago de Compostela (A Coruña).

b) Lugar de execución: Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Prazo de execución: 8 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 461.150,23 euros.

Ano 2003: 461.150,23 A.

5. Garantías.

Provisional: 9.223 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: SPI-Galicia, S.A.

b) Domicilio: Praza de Europa, 10 A-5º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Teléfono: 981 54 50 34 e 981 54 50 02.

e) Telefax: 981 54 50 95.

f) Data límite de obtención de documentos e información: 30 de abril de 2003.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación:

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: acreditarase de acordo co previso nos puntos 5.1º e 5.2º do prego de cláusulas.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 5 de maio de 2003 ás 12 horas.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación.

1ª Entidade: SPI-Galicia, S.A.

2ª Domicilio: Praza de Europoa, 10 A-5º.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 4 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: SPI-Galicia, S.A.

b) Domicilio: Praza de Europa, 10 A-5º.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: 16 de maio de 2003.

e) Hora: 10 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncio: por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial de Galicia: 11 de marzo de 2003.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2003.

Juan José Novoa Montero

Presidente da Sociedade Pública de Investimentos

de Galicia, S.A.