Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 24 de marzo de 2003 Páx. 3.503

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Institucionais, pola que se fai público o acordo acadado na Comisión Bilateral Administración xeral do Estado-Xunta de Galicia que figura no anexo.

En cumprimento do previsto no artigo 33 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, na redacción dada pola Lei orgánica 1/2000, do 7 de xaneiro,

DISPOÑO:

Facer público o acordo acadado na Comisión Bilateral Administración xeral do Estado-Xunta de Galicia que tivo lugar o día 10 de marzo de 2003 e que figura como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2003.

Pedro Puy Fraga

Director xeral de Relacións Institucionais

ANEXO

Isabel Benzo Sainz e Pedro Puy Fraga, secretarios da Comisión Bilateral de Cooperación Administración xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia,

CERTIFICAN:

Que na reunión da Comisión Bilateral de Cooperación Administración xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, celebrada o día 10 de marzo de 2003, adoptouse o seguinte acordo:

1. Iniciar negociacións para resolve-las discrepancias manifestadas sobre o artigo 47.5º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

2. Designar un grupo de traballo, composto por un número igual de membros de cada unha das representacións, para proporlle á Comisión Bilateral de Cooperación a solución que proceda, podendo comprender, se é o caso, a modificación do precepto sinalado.

3. Comunicarlle este acordo ó Tribunal Constitucional antes do vindeiro 31 de marzo de 2003, por calquera dos órganos mencionados no artigo 33.2º da Lei orgánica do Tribunal Constitucional, para os efectos de que no propio precepto se prevén de ampliación do prazo ó presidente do Goberno para a interposición do recurso de inconstitucionalidade fronte á lei, así como inseri-lo presente acordo no BOE e no Diario Oficial de Galicia.

E para que conste e teña os oportunos efectos, expiden a presente certificación os secretarios da Comisión Bilateral de Cooperación Administración xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, 10 de marzo de 2003.

Isabel Benzo SainzPedro Puy Fraga

Secretaria polaSecretario pola

Administración xeralComunidade Autónoma

do Estadode Galicia

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL