Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 25 de marzo de 2003 Páx. 3.655

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se convocan probas para a obtención do certificado CE de conselleiros de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril.

A Directiva 96/35/CE do Consello, do 3 de xuño de 1996, relativa á designación de cualificación pro

fesional de conselleiros de seguridade para o transporte por estrada, por ferrocarril ou por vía navegable de mercadorías perigosas esixe, como medida de seguridade preventiva, que as empresas que realicen tales transportes e as que efectúen operacións de carga ou descarga a eles vinculadas disporán dun ou varios conselleiros de seguridade; o R.D. 1566/1999, do 8 de outubro (BOE nº 251, do 20 de outubro), incorpora a citada directiva ó ordenamento xurídico interno, para o efecto de regula-la obriga das empresas que transporten mercadorías perigosas ou realicen operacións de carga e descarga ligadas ós ditos transportes, a designar conselleiros de seguridade, as funcións encomendadas a eles, a cualificación profesional esixida e o procedemento que hai que seguir para avalia-la formación requirida.

A orde ministerial do 21 de outubro de 1999 (BOE nº 254, do 23 de outubro), de desenvolvemento do citado R.D. 1566, sobre obtención do certificado CE de formación para os conselleiros de seguridade no transporte de mercadorías perigosas, establece as distintas modalidades de certificado e o contido dos exames, e dispón que estes serán convocados polo órgano competente da Comunidade Autónoma onde se realicen. Na súa virtude,

DISPOÑO:

Artigo único.

Convócanse probas para a obtención do certificado CE de formación para os conselleiros de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas, para os modos de transporte por estrada e ferrocarril para as especialidades seguintes:

* Clase 1 (materias e obxectos explosivos).

* Clase 2 (gases).

* Clase 7.

* Clases 3,4.1, 4.2, 4.3, 5.1, 5.2, 6.1, 6.2, 8 e 9: materias sólidas e líquidas contidas na enumeración de cada unha das clases do Acordo Europeo para o Transporte Internacional de Mercadorías Perigosas (ADR).

* Materias líquidas inflamables cos números de identificación da Organización de Nacións Unidas 1202 (gasóleo), 1203 (gasolina) e 1223 (queroseno).

Bases

Primeira.-Ámbito das probas.

Convócanse probas para a obtención do certificado CE de formación para os conselleiros de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas, para os modos de transporte por estrada e ferrocarril correspondentes ás especialidades antes citadas.

Segunda.-Exercicios.

Os exercicios de que constarán as probas, a súa estructura e forma de cualificación serán as establecidas na orde do Ministerio de Fomento do 21 de outubro de 1999 (BOE nº 254, do 23 de outubro), reguladora das probas citadas.

Os exercicios de capacitación para a obtención do certificado CE de formación para conselleiros de seguridade versarán sobre o coñecemento das materias incluídas no programa que figura como anexo do citado R.D. 1566/1999, do 8 de outubro.

Os exames constarán de dúas probas. Unha primeira consistente en 50 preguntas tipo test, e a segunda proba, na que se permitirá a consulta do ADR sempre que sexa utilizado como mero apoio, consistente na realización dun suposto referido ó modo do transporte e á especialidade correspondente, que versará sobre as tarefas e obrigas que o conselleiro deberá realizar e/ou cumprir.

O tempo de que disporán os aspirantes para a realización das dúas probas será dunha hora e 30 minutos.

Terceira.-Solicitudes:

1. A instancia na que se solicita tomar parte nas probas debidamente cuberta, de conformidade co modelo que se xunta a esta orde (anexo I), presentarase no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sita no edificio administrativo de San Caetano, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, ou por calquera dos medios previstos na vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 20 días naturais a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia desta convocatoria.

2. Á solicitude deberán xuntarse a fotocopia do DNI e o impreso de taxa autoliquidación correspondente á Administración, e cando se produzan as circunstancias regulamentariamente previstas que posibiliten presentarse ás probas nun lugar distinto daquel no que o solicitante teña o seu domicilio habitual, os documentos acreditativos das citadas circunstancias.

3. A consignación de datos falsos na solicitude ou na documentación achegada polos aspirantes sancionarase coa anulación da solicitude, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.

Cuarta.-Dereitos de exame:

1. De conformidade co artigo 21.2º da Lei 13/1991, do 9 de decembro (DOG nº 241, do 13 de decembro) e a Lei 6/2002, do 27 decembro (DOG 30 de decembro), os dereitos de exame establécense na cantidade

de dezaoito con noventa e un euros (18,91 A), por cada unha das clases mencionadas, que serán noventa e catro con cincuenta e cinco euros (94.55 A), no suposto de presentarse a tódalas las clases dun modo, e ingresaranse logo de enche-los impresos de taxas (Consellería de PTOPV, cód.: 06; delegación de SSCC, cód.: 13, servicio de transportes, cód.: 02; denominación: dereitos de exame probas transportista; clave: 31.01.06), que se poderán obter nos servicios centrais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, nos servicios provinciais de Transportes ou nas delegacións provinciais da citada consellería.

2. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o tribunal encargado de avalia-las probas procederá á súa revisión.

Rematado o proceso, exporase nos taboleiros de anuncios dos organismos a que fai referencia o punto anterior a lista provisional de excluídos, con indicación do motivo da súa exclusión.

3. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de 15 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da exposición da citada lista, para poder emendar, se é o caso, o defecto que motivou a súa exclusión.

4. Unha vez resoltas as reclamacións presentadas, o citado tribunal publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se anuncia a exposición pública da lista definitiva de admitidos e excluídos nos organismos a que fai referencia o punto 1º da base cuarta.

5. Devolveránselle-los dereitos de exame ós solicitantes excluídos definitivamente das probas, sempre que o soliciten no prazo dun mes contado a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución de referencia no punto 4º da base cuarta, e o soliciten co modelo que figura nesta resolución como anexo II.

Quinta.-Tribunal, datas e lugar dos exames:

1. O tribunal cualificador das probas estará constituído polos seguintes membros:

Presidente: David González Coalla. Dirección Xeral de Transportes.

Presidente suplente: Jorge Veiga Lendoiro. Dirección Xeral de Transportes.

Vocais:

Javier de Bidegain García. Dirección Xeral de Transportes.

Carlos A. Rodríguez González. Dirección Xeral de Transportes.

Manuel Grande Grande. Dirección Xeral de Transportes.

Vocais suplentes:

Antón García Río. Dirección Xeral de Transportes.

Mª Cruz Tomé Navas. Dirección Xeral de Transportes.

Luisa García Vilela. Dirección Xeral de Transportes.

Secretario: Jesús Magariños Negreira. Dirección Xeral de Transportes.

Secretaria suplente: Pilar Méndez Vázquez. Dirección Xeral de Transportes.

Para os efectos do disposto no artigo 26 do Decreto 299/1990, do 24 de maio (DOG nº 106, do 1 de xuño), o tribunal avaliador das probas cualificarase como de primeira categoría.

2. Calendario, horario e lugar.

O calendario, horario e lugar dos exercicios publicaranse xunto coa lista definitiva de admitidos e excluídos; está prevista a súa realización no último cuadrimestre do ano.

Sexta.-Domicilio e requisitos dos aspirantes.

1. Os aspirantes presentarán ó tribunal correspondente, no momento do comezo dos exercicios, o orixinal do seu documento nacional de identidade, é debe esta-lo domicilio que figure neste incluído no ámbito territorial ó que se estenda a actuación do citado tribunal.

2. O domicilio que figure na solicitude considerarase como único válido para efectos de notificación, e será responsabilidade exclusiva do solicitante, tanto o erro na súa consignación como a comunicación á Dirección Xeral de Transportes de calquera cambio del.

3. Cando se produzan cambios de domicilio que non sexa posible reflectir no DNI, o domicilio poderase xustificar mediante un certificado de empadroamento expedido polo correspondente concello. Cando se trate de persoas que estean prestando o servicio militar fóra do seu lugar de residencia, poderán presentarse ás probas nun lugar distinto deste, se presentan o orixinal do certificado expedido para o efecto polo xefe da súa respectiva unidade.

4. As persoas que xustifiquen te-lo seu domicilio en territorio estranxeiro poderán concorrer ás probas ante este tribunal.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2003.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Transportes