Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 25 de marzo de 2003 Páx. 3.659

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 21 de febreiro de 2003 pola que se declara de interese galego a Fundación Mejor Sin Tabaco e se ordena a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

Con data do 7 de febreiro de 2003 foi publicada no Diario Oficial de Galicia a orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, do 29 de xaneiro de 2003, pola que se clasifica como de interese sanitario a Fundación Mejor Sin Tabaco, adscribíndoa á Consellería de Sanidade, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Esta fundación, de acordo co establecido no artigo 6 dos seus estatutos, ten como obxecto abordar tódolos aspectos, principalmente os sanitarios e os sociais, relacionados co hábito tabáquico, aínda que nunha primeira fase o maior esforzo destinarase a consegui-la deshabituación do fumador.

Por todo isto, en virtude das competencias que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e segundo o establecido no artigo 8 da Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese

galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro e o artigo 32.3º a) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento das fundacións de interese galego,

DISPOÑO:

Primeiro.-Declarar de interese galego a Fundación Mejor Sin Tabaco, ó cumpri-los seus estatutos as prescricións que, para tal efecto, sinala a vixente lexislación en materia de fundacións de interese galego.

Segundo.-Ordena-la inscrición da Fundación Mejor Sin Tabaco, no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería de Sanidade, para os efectos constitutivos que sinala o artigo 8 da Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro.

Terceiro.-A devandita fundación queda sometida ó disposto no resto da normativa de xeral aplicación, en especial, á obriga de darlles publicidade suficiente ás súas actividades e á ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servicios, quedando obrigada a rendirlle contas anualmente ó protectorado e xustificar, a través dunha memoria anual,

o cumprimento das cargas fundacionais, así como a presentarlle o proxecto de orzamento ó protectorado, con anterioridade ó inicio do exercicio económico para o que se formula e debendo solicita-las preceptivas autorizacións do protectorado cando sexan necesarias.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2003.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade