Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 25 de marzo de 2003 Páx. 3.676

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2003 pola que se designa secretario suplente da comisión de selección dos participantes nos dous cursos para a obtención do diploma de directivo, convocados mediante Resolución do 29 de novembro de 2002.

O artigo 6 do Decreto 294/1992, do 10 de setembro, modificado polo Decreto 1/1995, do 12 de xaneiro (DOG nº 9, do 13 de xaneiro) e 319/1996, do 26 de xullo (DOG nº 153, do 6 de outubro), polo que se regula o diploma de directivo, establece que a comisión que selecciona os aspirantes a participar nos cursos para a obtención do citado diploma estará integrada, entre outros membros, por un secretario, que deberá ser un funcionario destinado na Escola Galega de Administración Pública. En virtude do anterior,

DISPOÑO:

Artigo único.-Designar a Manuel Braña Gutiérrez como secretario suplente da comisión que levará a cabo a selección dos participantes nos dous cursos para a obtención do diploma de directivo, convo

cados mediante resolución do director da Escola Galega de Administración Pública do 29 de novembro de 2002.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2003.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA