Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 25 de marzo de 2003 Páx. 3.676

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E), convocado pola Orde do 10 de outubro de 2002, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización das dúas probas do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 14 de marzo de 2003, o tribunal designado pola Orde do 6 de marzo de 2003 para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo subalterno da Xunta de Galicia, acordou, de conformidade co disposto na base III.9 da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición se realizará o día 13 de abril de 2003, no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra), en chamamento único que se iniciara ás dez (10) horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ó xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2003.

Pedro Puy Fraga

Presidente do tribunal