Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 25 de marzo de 2003 Páx. 3.690

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2002, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se fai pública a clasificación do monte denominado As Madornas, a favor dos veciños da Abeleda, no concello de Ourense (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, na sesión que tivo lugar o dezaoito de decembro de dous mil dous, adopta-lo seguinte acordo:

Visto o expediente de clasificación do monte como veciñal en man común denominado As Madornas, por solicitude dos veciños da Abeleda, parroquia do Castro de Beiro, do concello de Ourense (Ourense).

Resultando que con data do 14 de febreiro de 2001 tivo entrada no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Ourense escrito dirixido ó Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común asinado polos veciños do lugar da Abeleda, Concello de Ourense (Ourense), solicitando que se declare o monte As Madornas como veciñal en man común.

Resultando que o xurado provincial na sesión que tivo lugar con data do 26 de setembro de 2001 acordou tomar en consideración o citado escrito e inicia-lo expediente de clasificación do monte designando instructores a Miguel Ángel González Trigás

e Míriam Areal López, que aceptaron tal cargo, librándose mandamento para a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade número dous de Ourense e remitíndose comunicacións dirixidas ós veciños da Abeleda, ó presidente da Deputación Provincial de Ourense, ó alcalde do Concello de Ourense, á Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais, á Xerencia Territorial do Catastro e á Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, publicándose edictos no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello de Ourense, durante o prazo dun mes segundo consta en dilixencia estendida ó dorso do edicto polo secretario do citado concello, para que durante o prazo sinalado en edictos os interesados puidesen comparecer ou intervir nel, en defensa dos seus dereitos, e non consta presentada ningunha alegación.

Resultando que a anotación preventiva de iniciación do expediente se practicou no Rexistro da Propiedade número dous de Ourense, como segue:

Tomo 1.542, libro 345, do Concello de Ourense, folio 64, predio rexistral número 26382, anotación letra A.

Resultando que na tramitación do expediente se cumpriron tódalas formalidades legais.

Considerando que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten xurisdicción e competencia para coñece-los expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter a teor do establecido no artigo 9 da citada lei.

Considerando que o tipo de comunidade xermánica que institúe a Lei de montes veciñais en man común ten como características esenciais as seguintes:

1. Que os condominios se unen por vínculos persoais de veciñanza agrupados en parroquias, aldeas, lugares, casaríos ou barrios non constituídos formalmente en entidades municipais;

2. Que, polo tanto, o número de titulares é variable e indeterminado;

3. Que o patrimonio colectivo é utilizado e aproveitado polo veciño, en canto membro da agrupación veciñal, faltando a idea de cota no sentido xurídico-romano;

4. Que o patrimonio e a participación é inalleable, imprescritible e inembargable; e

5. Que a comunidade é indivisible, non podendo os comuneiros pedi-la actio communi dividundo.

Considerando que segundo informacións e testemuños resulta que os montes citados son aproveitados e posuídos en réxime de comunidade xermánica polos veciños da Abeleda, parroquia do Castro de Beiro, no concello de Ourense.

Os datos do citado monte son os que se referencian na parte dispositiva deste acordo.

Considerando que das informacións recollidas resulta que os veciños da Abeleda, están conformes coa clasificación do citado monte como veciñal en man común.

Considerando que, a teor do disposto na Lei de montes veciñais en man común, o expediente de clasificación se iniciou por acordo do xurado, por instancia dos veciños da Abeleda e para que este xurado puidese acorda-la iniciación do expediente de clasificación.

Vista a Lei galega 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o seu regulamento, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, así como o establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Visto o Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, á vista dos antecedentes e fundamentos expostos e por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Primeiro.-Clasifica-lo monte denominado As Madornas, de 22.233 m, aproximadamente en conxunto de superficie a favor dos veciños da Abeleda, parroquia do Castro de Beiro, no concello de Ourense (Ourense), e cos datos que a seguir se relacionan, como veciñal en man común, en réxime de comunidade xermánica.

Os datos do citado monte son:

Concello: Ourense.

Denominación do monte: As Madornas, integrado por 5 parcelas.

Comunidade propietaria: veciños do lugar da Abeleda (parroquia do Castro de Beiro).

Superficie: 22.233 m, aproximadamente, en conxunto.

* Parcela nº 1:

Superficie: 3.342 m, aproximadamente.

Estremas:

Norte: Eladio Álvarez González e Bartolomé Piñeiro Álvarez.

Sur: camiño das Madornas.

Leste: camiño da Batoca.

Oeste: María González Casares.

* Parcela nº 2:

Superficie: 780 m, aproximadamente.

Estremas:

Norte: Valentín Gutiérrez Mosquera e María González González.

Sur: camiño da Devesa.

Leste: camiño da Batoca.

Oeste: camiño da Devesa.

Parcela nº 3:

Superficie: 17.376 m, aproximadamente.

Estremas:

Norte: camiño das Madornas.

Sur: estrada da Abeleda a Figueiras.

Leste: camiño das Madornas.

Oeste: camiño de Liñares a Vilariño.

Parcela nº 4:

Superficie 1.381 m, aproximadamente.

Estremas:

Norte: estrada da Abeleda a Figueiras.

Sur: Antonio Novoa Gómez, Francisca Araújo, María Venancia, Amadeo Álvarez Álvarez, Antonio Novoa Gómez, Isaura Álvarez, Benigno Álvarez y José Álvarez Álvarez.

Leste: camiño de servidume ás leiras.

Oeste: Antonio Novoa Gómez.

Parcela nº 5:

Superficie 134 m, aproximadamente.

Estremas:

Norte: estrada da Abeleda a Figueiras.

Sur: María Iglesias Sarmiento.

Leste: Basilisa Iglesias Quintas.

Oeste: camiño de servidume ás leiras.

Segundo.-Que se proceda á exclusión do citado monte de calquera inventario, catálogo ou rexistro público no que poidan figurar inscrito a favor de persoa ou entidade distinta á que agora se asigna a súa pertenza.

Notifíquese esta resolución ó alcalde-presidente do Concello de Ourense, ós representantes da comunidade veciñal, ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais, ós que se lles fará saber que esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode ser obxecto de recurso de reposición potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia (artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.)

O que por orde do presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común se fai público no Diario Oficial de Galicia, para xeral coñecemento.

Ourense, 19 de decembro de 2002.

Míriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense