Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 25 de marzo de 2003 Páx. 3.692

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 27 de xaneiro de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Monte Viso e Monte dos Chaos, a favor dos veciños de San Fiz, no concello de Chandrexa de Queixa (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión do 23 de abril de 2002, inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común a favor dos veciños de San Fiz, do monte denominado Monte Viso e Monte dos Chaos, no concello de Chandrexa de Queixa e coas características que de seguido se relacionan, nomeándose instructores do expediente a Belén Bris Marino e Miríam Areal López.

Publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro (DOG nº 186, do 23 de setembro), polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Concello: Chandrexa de Queixa (Ourense).

Denominación do monte: Monte Viso e Monte dos Chaos.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de San Fiz.

Superficie: 28,5 h en conxunto, aproximadamente.

Monte denominado: Monte Viso.

Superficie: 10 ha aproximadamente.

Lindeiros:

Norte: propiedades particulares pertencentes ó polígono nº 44: parcelas nº 22 de Herminio Yáñez Domínguez, nº 23 e 30 de Servando Parente Armesto, nº 24 de Néstor Pérez Chanas e nº 31 de Carmen Rodríguez Fernández.

Sur: propiedades particulares pertencentes ó polígono nº 45: parcelas nº 124 de José Santiago Mosquera, nº 125 de Juan Antonio López Vázquez, nº 160 de Néstor Armesto Rodríguez e nº 368 de José Ramón Pérez González.

Leste: propiedades particulares pertencentes ó polígono nº 45: parcelas nº 139 de Ángel Gómez Fernández, nº 140 de Juana Gómez Gómez, nº 143 de Carmen Rodríguez Fernández, nº 149 de Josefa Rodríguez Martínez, nº 156 de Juan Antonio López Vázquez e nº 159 de Mª Dolores Pérez Fernández.

Oeste: termo municipal de Montederramo.

Monte denominado: Monte dos Chaos.

Superficie: 18,5 ha, aproximadamente.

Lindeiros:

Norte: propiedades particulares pertencentes ó polígono nº 44: parcelas nº 13 de Eva e María Gómez González, nº 15 de Dorinda Domínguez Carballo, nº 34 de José e Nieves Rodríguez Estévez, nº 39

de Salesa Rodríguez Gómez, nº 41 de Enrique Rodríguez Lorenzo e nº 47 de Juan Antonio López Vázquez.

Sur: propiedades particulares pertencentes ó:

-Polígono nº 39: parcelas nº 3 de Néstor Armesto Rodríguez, nº 65 de Dominga González González.

-Polígono nº 45: parcelas nº 49 e 70 de Néstor Armesto Rodríguez, nº 52, 53 e 54 de Josefa Rodríguez Martínez, nº 58 de Carmen Rodríguez Fernández, nº 64 e 65 de Juan Antonio López Vázquez e nº 665 de Elvira Pérez Lamelas.

-Polígono nº 47: parcelas nº 6 e nº 15 de Enrique Rodríguez Lorenzo, nº 8 e 17 de María Dolores Pérez Fernández, nº 10 de José e Nieves Rodríguez Estévez, nº 11 de Antonio Prieto Armesto.

Leste: propiedades particulares pertencentes ó:

-Polígono nº 39: parcelas nº 1 de Juana Gómez Gómez, nº 2 e 64 de Carmen Rodríguez Fernández, nº 7 de Ervigio Fernández Pérez e nº 69 de Dominga González González.

-Polígono nº 47: parcela nº 23 de Salesa Rodríguez Gómez.

Oeste: propiedades particulares pertecentes ó polígono nº 45: parcela nº 139 de Ángel Gómez Fernández, nº 140 de Juana Gómez Gómez e nº 143 de Carmen Rodríguez Fernández.

Os límites coas propiedades particulares atópanse delimitados mediante muros de pedra.

Iníciase a apertura do período dun mes para a práctica de alegacións a partir do día seguinte da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 27 de xaneiro de 2003.

Míriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense