Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 25 de marzo de 2003 Páx. 3.692

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación do expediente de sanción por infracción na orde social que se cita.

Notifícase, de conformidade co establecido no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, á empresa que

a continuación se relaciona, ó non poder notificar por correo certificado, a resolución dictada no expediente de sanción, por infracción na orde social, (materia laboral, seguridade e hixiene e saúde laboral), o seu enderezo, identificación, número do expediente, contía da sanción e disposición infrinxida cítanse de seguido:

Empresa: Matadero de Aves Suavi, S.L.

Domicilio: Fazai-Carballido, Lugo.

NIF: B-27180728.

Nº expediente: 157/2002.

Contía: 450,76 A.

Disp. infrinxida: Real decreto lexislativo 1/1995.

Contra esta resolución poderá interpo-lo interesado recurso de alzada, polo conducto desta delegación perante o director xeral de Relacións Laborais no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírteselle que de non ser interposto este en tempo e forma, haberán de aboa-la multa imposta a través de Caixa Galicia, cta. contable 840, código 001, clave 390055, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación desta resolución xa que, noutro caso, procederase á exación pola vía de contrinximento, nos termos previstos na orde da Consellería de Economía e Facenda, do 23 de novembro de 2001.

Lugo, 10 de febreiro de 2003.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo