Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 25 de marzo de 2003 Páx. 3.695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2003 pola que se fai pública a Resolución do 24 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, na que se formula a declaración de impacto ambiental das instalacións para a náutica recreativa en Vilanova de Arousa (Pontevedra), promovidas por Portos de Galicia. (Clave: 2002/0010).

Visto o artigo 5, epígrafe 7º, do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro), de avaliación de impacto ambiental para Galicia, o presidente de Portos de Galicia

RESOLVE:

Darlle publicidade, mediante a publicación no DOG desta resolución, á Resolución do 24 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental das instalacións para a náutica recreativa en Vilanova de Arousa (Pontevedra), promovidas polo ente público Portos de Galicia.

A devandita declaración refírese en exclusiva á construcción e explotación das novas instalacións para a náutica recreativa proxectadas no porto de Vilanova de Arousa, que consisten basicamente en dous diques de 175 e 245 m, un recheo de 8.850 m, pantaláns pilotados cunha lonxitude de 542 m e unha dragaxe de 9.800 m.

A declaración foi incorporada ó citado expediente e encóntrase ó dispor de calquera interesado nas oficinas centrais de Portos de Galicia durante un prazo de trinta (30) días contados desde a publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2003.

Carlos Negreira Souto

Presidente do ente público Portos de Galicia